Na Xunqueira mantense o número de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) en torno o centenar de exemplares. Continúan na praia 0;α/0;V[3VP9]↑ e 0;V[3HW5]↑/α. Durante este fin de semana tamén conseguín ler algunhas anelas metálicas moi interesantes:
En Punta Balea no bando de Virapedras (Arenaria interpres) estaba este exemplar adulto marcado 0;0/0;α coa numeración 3M000474 SPAIN. Anelado en abril do ano 2004 por Antonio Fernández Cordeiro (ANDURIÑA) na praia da Congorza. Invernante habitual de Punta Balea dende fai 5 anos.
Tamén en Punta Balea outro asiduo residente, este macho adulto de “Noiteneghra” (Phoenicurus ochruros) con anela metálica L654474 SPAIN. Anelado como adulto en decembro do ano 2003 por ANDURIÑA. Durante estes 6 anos (como mínimo ten 7 anos de idade) mantívose no seu territorio en Punta Balea onde aproveitando unha casa abandonada criou a súa proxenie.
Por último este exemplar adulto inverno de Gaivota chorona (Larus ridibundus), con anela metálica na tibia esquerda FS-39424, anelada en Francia e observada na Xunqueira.
Un saúdo.
2 comentarios:
Saúdos Alberto.
Visitei hoxe por primeira vez o teu blog. Moi currado, con información moi interesante e fermosas fotos. Noraboa.
Un saúdo,
Damián
Grazas polo teu comentario Damián.
Apertas,
Alberto
Publicar un comentario