

Bando monoespecífico de Gaivota escura (Larus fuscus) en migración activa en dirección sur observado na Costa da Vela.

Exemplar de Gaivota escura (Larus fuscus), 0;N[JN40]↑/0;α, observada na praia de Melide, probablemente anelada por Nils Lorentzen, Noruega.

A presenza na praia deste exemplar xuvenil de Gaivotón (Larus marinus), cun comportamento extremadamente agresivo, repartindo picotazos a discreción, provocando un estado de nerviosismo dentro do grupo de láridos.

Nunha visita curta a Punta Balea observamos esta Gaivota patiamarela adulta, 0;α /0;V[ZH7H]↓, anelada na illa de Sálvora, A Coruña por Andrés Bermejo.

Tamén outro adulto de Patiamarela marcado con anela metálica en tarso dereito, coa numeración 6062201 e remite ICONA (España).

Preto da desembocadura das augas tratadas da EDAR de Balea, estaba este cadáver de Gaivota patiamarela (Larus michahellis), posiblemente predado por Visón americano (Mustela vison).

E xusto un día antes..., este exemplar de Visón americano (Mustela vison) estaba recorrendo a zona intermareal de Punta Balea.
Un saúdo.