Mostrando entradas con la etiqueta anelas metálicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta anelas metálicas. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de agosto de 2012

Recapturado un exemplar de Folosa dos xuncos (A. schoenobaenus) procedente de Reino Unido nos canaveirais do Ulla


O pasado día 20 de agosto foi capturado un exemplar de Folosa dos xuncos (Acrocephalus schoenobaenus) cun anel metálico con remite do British Museum-London (Reino Unido). O rexistro produciuse durante unha xornada de anelamento científico nos canaveirais do esteiro do río Ulla no concello de Dodro, provincia de A Coruña.


Exemplar de Folosa dos xuncos portador de anel metálico con remite British Museum-London.

O exemplar de Folosa dos xuncos portaba un anel coa inscrición: L 189 226 BRIT MUSEUM LONDON SW7. Durante o proceso de manipulación para o seu estudo chegouse á conclusión de que o exemplar era un adulto (código de idade EURING 4), observouse a presenza dunha placa incubatriz en regresión o que determinaría o sexo do exemplar como femenino.

Canaveirais do río Ulla no concello de Dodro.


Datos biométricos do exemplar:

Peteiro: 15,7 mm.
Cabeza: 31,7 mm.
Tarso: 20,0 mm.
Cola: 46,0 mm.
Á: 61,5 mm.
2ª Primaria: 3,15.
3ª Primaria: 48,0 mm.
Muda activa: Non.
Graxa: 1
Músculo: 2
Peso: 10,1 gramos.
Hora de captura: 08:30 hora solar.
Estado da ave ao ser liberada: En boas condicións.

Para máis información, ou calquera consulta contactade comigo no enderezo electrónico: albertopastoriza@hotmail.com

Un saúdo.


jueves, 18 de febrero de 2010

Noiteneghra


Este Noiteneghra (Phoenicurus ochruros) macho adulto, con anela metálica L876920 SPAIN, é outro residente da praia da Congorza (Punta Balea, Cangas). Anelado como adulto (EURING 4) no ano 2003 por ANDURIÑA. Estamos a falar dun exemplar, polo menos, con 8 anos de idade…



Nesta fotografía observámolo realizando a súa ruta habitual pola praia, á procura de insectos que botarse o bico…


Un saúdo.


sábado, 7 de noviembre de 2009

Un Virapedras sueco en Gran Canaria


Outro historial interesante chegou as miñas mans estes días, o Virapedras (Arenaria interpres) observado en Arinaga, na Illa de Gran Canaria, con anela de Suecia. Na imaxe superior, collido “infraganti” mentres se coidaba a plumaxe entre uns Pilros Tridáctilos (Calidris alba). 

Probablemente é a miña lectura dunha ave marcada, con máis quilómetros recorridos dende a súa localidade de anelamento á localidade de observación, uns 4.029 Km. 

 
Detalle do traxecto dende Ottenby, Oland (Sweden) onde foi anelada en xullo do ano 2007 ata a localidade de Arinaga, Gran Canaria (Spain), lugar da miña observación (22/02/2009). Un “paseillo” se temos en conta que moitos exemplares realizan traxectos de 15.000 Km. (30.000 Km. ida e volta todos os anos!!!) dende os seu cuarteis de cría no Ártico circumpolar ata as súa localidades de invernada en África. 

Un saúdo.

miércoles, 30 de septiembre de 2009

Recopilatorio da última semana de setembro


Nunha nova visita á costa de Baiona e Oia, en compañía de Manolo Alonso, o máis salientable, unha importante entrada de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) sobre 119 exemplares (88 adultos, 6 2º inverno e 25 1º inverno) no tramo costeiro dende a Foz do río Miñor ata cabo Silleiro. A destacar o número de exemplares de 1º inverno en comparación coa zona norte da ría de Vigo (A Xunqueira – Punta Balea).


Na imaxe superior ó amigo Manolo Alonso en cabo Silleiro, Baiona, Pontevedra.


En primeiro lugar estes rexistros de dous Virapedras na zona de Punta Balea:



En Punta Balea no bando de Virapedras (Arenaria interpres) estaba este exemplar adulto marcado 0;0/0;α coa numeración 3M006174 SPAIN. Anelado en abril deste ano (2009) por Antonio Fernández Cordeiro (ANDURIÑA) na praia da Congorza.



Outro exemplar de Virapedras (Arenaria interpres) adulto, con anela metálica en tarso esquerdo con numeración 3M000482 SPAIN. Anelado en novembro do ano 2006 en Punta Balea (ANDURIÑA).


Algunhas lecturas de anelas da última semana:



1º inverno de Patiamarela (Larus michahellis) 0;α /0;V[ZCBJ]↓ repousando nun barco mexilloneiro atracado no peirao da Mosqueira, Moaña, Pontevedra (26/09). Anelada no mes de xullo en Bueu por Alberto Pastoriza Barreiro e Sol Enriquez Paredes (ANDURIÑA).



Outro 1º inverno de Gaivota Patiamarela (Larus michahellis) repousando nas rochas de Punta Balea (27/09). Estaba marcada cun antigo modelo do remite ICONA, unha anela triangular de alpaca, denominado “modelo D” (pola información que me brinda Antonio Fernández, este exemplar foi probablemente marcado nun Centro de Recuperación). A lectura foi parcial, a calidade deste modelo de anela é moi pobre, os díxitos están mal gravados, dificultando a lectura.



Este exemplar adulto de Gaivota patiamarela (Larus michahellis) tivo a mala fortuna de atoparse cun energúmeno. Teño observacións desta Patiamarela na praia da Xunqueira e en Punta Balea.



Por último na zona intermareal de Baredo (Baiona, Pontevedra) atopábase este exemplar adulto de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) 0;B[3L63]↑/0;α. É o noso primeiro rexistro desta Cabecinegra, probablemente anelada en Bélxica.

Un saúdo.