miércoles, 26 de agosto de 2009

A Xunqueira


En Punta Balea sobre 300 gaivotas, 7 Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus), o resto Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) ningún exemplar marcado. As Gabitas (Haematopus ostralegus) fai unhas semanas que chegaron, posiblemente para quedarse a invernar no lugar como todos os anos.


Na praia da Xunqueira “gaivotada”, sobre 2500 exemplares, a maioría Patiamarelas. Pero tamén algunhas Cabecinegras, 200 exemplares de Gaivota chorona (Larus ridibundus) e 10 exemplares de Gaivota escura (Larus fuscus). En total 9 aves marcadas, 6 con anel plástico (5 verdes e 1 negra) e 3 con anel metálico (2 lecturas completas e 1 lectura incompleta).



0;α /0;V[ZAM9]↓ Gaivota patiamarela adulta, anelada en xullo do ano 2000 en Monte Agudo, Illas Cíes por Rafael Costas e Alberto Pastoriza Barreiro (ANDURIÑA). É a miña primeira observación deste exemplar (despois de marcala fai 9 anos), ademais ten moi poucos rexistros, un deles no porto da Coruña (Febrero 2002, Antonio Sandoval), a anela plástica estaba totalmente gastada nunha das inscricións e coxeaba lixeiramente da pata dereita.



0;α /0;V[ZFJF]↓ Gaivota patiamarela adulta, anelada en xuño do ano 2001 na illa de Ons (Bueu, Pontevedra) por Antonio Fernández Cordeiro (ANDURIÑA).



0;α /0;V[ZA6D]↓ Patiamarela adulta, anelada en xullo do ano 2000 en Monte Agudo, Illas Cíes (ANDURIÑA).



0;N[028M]↓/0;α Patiamarela de 1º verán anelada por Francisco Docampo.



Este adulto de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) estaba marcada con anela metálica, coa numeración E 911366 remite de BELGIUM.



Outro exemplar adulto de Cabecinegra marcado, esta vez coa numeración 3.581.594 remite de NEDERLAND.



Por último este exemplar adulto inverno de Gaivota chorona (Larus ridibundus), con anela metálica en tarso dereito, e lectura incompleta 7T 175 ??? (quedaron por ler dous números) anelada en Bélxica.



Para non facer moitos movementos, prescindín do caderno de campo…

Un saúdo.


No hay comentarios: