miércoles, 19 de agosto de 2009

Visita á praia da Xunqueira


Na praia da Xunqueira (concello de Moaña, Pontevedra) 52 exemplares de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) (36 exemplares coa plumaxe adulto inverno, 13 cabecinegras de 2º inverno e 3 xuveniles). Observei 5 anelas plásticas (2 brancas e 3 verdes) e 2 anelas metálicas.



Un dos tres xuvenís de Cabecinegra (idade EURING 3) presentes na Praia.



0;α/0;V[3VP9]↑ en plumaxe de Adulto inv. Anelada como adulto en maio do ano 2004 en Zandvlietsluis, Antwerpen, (Bélxica) por Camille Duponcheel.



Segue na Xunqueira 0;0/α;V[3JE5]↑ en plumaxe de Adulto inverno, anelado como polo o 26/05/2002 en Antwerpen, Bélxica por Guido Goris.



Outra das habituais; 0;α/0;B[38J4]↑ Adulto inv., anelado como adulto o 14/05/2007 en Antwerpen, Bélxica por Guido Goris.



E para rematar o trío das habituais; 0;V[3HW5]↑/α;0 en plumaxe de Adulto inv., anelado como polo o 26/05/2002 en Antwerpen, Bélxica por Camille Duponcheel.

Non teño fotografía da última Cabecinegra anelada; 0;B[23S]↑/α;0 marcada como polo en maio do ano 1998 en Lillo, Solvay, Antwerpen, (Bélxica) por Camille Duponcheel. A ver se na próxima visita A Xunqueira son capaz de realizarlle unha foto a este exemplar e así vós conto a súa historia…



Por último na zona de Punta Balea esta Gaivota patiamarela (Larus michahellis) de 1º verán (idade EURING 5); 0;α /0;R[G858]↓, do proxecto vasco de anelamento de “Patiamarelas”, Alfredo Herrero (ARANZADI).

Un saúdo.


No hay comentarios: