Unha visita ós lugares do Morrazo con maior concentración de láridos deu un total de 13 anelas plásticas observadas de Gaivota patiamarela (Larus michahellis).
En Punta Balea (Cangas, Pontevedra) sobre 200 exemplares de Gaivota patiamarela (recordarvos que a renovación dos exemplares é constante, polo que o número total de exemplares observados é moito maior), 4 anelas plásticas detectadas.
Na Xunqueira (Moaña, Pontevedra) sobre 2500 gaivotas (85% Patiamarelas) 5 anelas plásticas. Había 12 Gaivotas cabecinegras (8 adultos, 3 2º inverno e 1 xuvenil) ningún exemplar anelado.
Na colonia urbana de Bueu 20 exemplares, 1 anela plástica observada.
En Beluso (Bueu, Pontevedra), sobre 300 gaivotas, 3 anelas plásticas.
0;V[ZB9L]↓ /0;α outra Patiamarela anelada como adulta por Jorge Mouriño (ARCEA) na colonia de Monte Agudo en xuño do 2003.
Na imaxe superior 0;V[ZB0P]↓ /0;α observada en Punta Balea. Exemplar adulto. Anelada por Jorge Mouriño (ARCEA).
0;α /0;V[ZADN]↓ Gaivota patiamarela adulta observada en Punta Balea, anelada en xullo do ano 2000 en Monte Agudo, Illas Cíes por Rafael Costas e Alberto Pastoriza Barreiro (ANDURIÑA). Posiblemente estivo residindo en Portugal (Novembro 2005, Harry Vercruijsse) e agora volve a súa terra…
Observada en Punta Balea, 0;α /0;V[ZAB9]↓ Gaivota patiamarela (Larus michahellis) anelada como polo en Monte Agudo, Illas Cíes, en xullo do ano 2000 por ANDURIÑA. Outra das nosas gaivotas residentes na ría de Vigo.
0;α /0;V[ZCB7]↓ Gaivota patiamarela xuvenil, acompañada polo seu proxenitor, aínda preto da colonia onde foi anelada. Grupo de anelamento ANDURIÑA.
Na imaxe superior 0;V[ZB9L]↓/0;α, esta vez na Xunqueira xunto a 0;N[016M]↓/0;α exemplar de 1º verán, anelada por Francisco Docampo.
0;V[ZB6A]↓ /0;α observada na praia da Xunqueira. Anelada por Jorge Mouriño (ARCEA).
0;α /0;V[ZCBD]↓ exemplar xuvenil (ver entrada anterior) e 0;N[017M]↓/0;α de 1º verán anelada por Francisco Docampo observadas en Beluso, Bueu.
As outras anelas observadas foron: 0;α /0;V[ZFJF]↓, 0;α /0;V[ZA1L]↓ e 0;N[082M]↓/0;α.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario