sábado, 1 de agosto de 2009

Gaivotas patiamarelas na Xunqueira


Última visita do mes de Xullo á praia da Xunqueira. Hoxe 44 Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus), 28 exemplares adultos e 16 exemplares coa plumaxe de 2º inverno. Ademais unhas 300 Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) e unhas 100 Gaivotas choronas (Larus ridibundus). Localicei 3 anelas plásticas. Na fotografía superior un adulto de Gaivota cabecinegra coa plumaxe de inverno (Agosto-Marzo).



0;N[016M]↓/0;α exemplar de 1º verán, probablemente soltada na salina de Vilaboa, Pontevedra. Á espera de tramitala o seu anelador Francisco Docampo, e recibir o historial.



0;N[029M]↓/0;α outro exemplar de 1º verán. Anelada por Francisco Docampo.



0;V[ZC35]↓/0;α en plumaxe de adulto verán. Anelada por Jorge Mouriño (ARCEA).


Na praia tamén atopei esta Gaivota patiamarela adulta cunha serie de anelas “non oficiais”, seguramente capturada e marcada por un particular, coxeaba un chisco da pata dereita.


Un saúdo.

No hay comentarios: