Comeza a dispersión dos xuvenís de Gaivota patiamarela (Larus michahellis) das súas colonias de cría nos cascos urbanos da costa galega. Durante o mes de xullo o grupo de anelamento ANDURIÑA procedeu á marcaxe de polos no pobo de Bueu (Pontevedra), para estudar os seus movementos dispersivos. Na visita semanal á praia da Xunqueira 34 Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus), 25 exemplares adultos, 8 exemplares de 2º inverno e 1 xuvenil. Tres anelas plásticas.
Na fotografía superior, parte da colonia urbana de Bueu onde se realizaron anelamentos de polos de Gaivota patiamarela con anelas de lectura a distancia (ZCXX).
Xuvenil de Patiamarela 0;α /0;V[ZCBD]↓ repousando nunha repisa, despois de realizar os seus primeiros voos. Anelada no mes de xullo en Bueu por Alberto Pastoriza Barreiro e Sol Enriquez Paredes (ANDURIÑA).
Nesta fotografía os polos ZCAN, ZCAP, ZCBL e ZCB3 nun tellado próximo á súa colonia, acompañados polos seus proxenitores.
Movemento de dispersión de ZCBC poucos días despois de abandonar a súa colonia de cría en Bueu. Moitos destes xuvenís realizan os seus primeiros desprazamentos seguindo os seus proxenitores, como neste caso.
A Gaivota cabecinegra 0;V[3HW5]↑/α;0 continúa na praia da Xunqueira unha semana máis, acompañada de 0;α/0;B[38J4]↑.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario