viernes, 21 de agosto de 2009

Aumento no número de Cabecinegras...


Na Xunqueira 90 exemplares de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) (70 exemplares adultos, 14 cabecinegras de 2º inverno e 2 xuveniles). Dúas anelas plásticas (1 brancas e 1 verdes), xusto o rematar de censar a praia, uns cans levantaron o bando, imposibilitando a lectura de máis anelas.


Na praia continúa 0;α/0;V[3VP9]↑. Na instantánea que encabeza este “post”, aparece portando un Berberecho (Cerastoderma edule).



En Punta Balea o máis salientable esta Gaivota arxéntea (Larus argentatus) aparentemente un adulto rematando a súa muda de inverno. Tamén algunhas lecturas de Patiamrelas:



0;α /0;V[ZADN]↓ Gaivota patiamarela adulta observada en Punta Balea.



Gaivota patiamarela (Larus michahellis) adulto 0;V[ZC42]↓ /0;α anelada como polo por Jorge Mouriño (ARCEA) na colonia de Monte Agudo en xullo do 2003.

Un saúdo.

No hay comentarios: