sábado, 12 de septiembre de 2009

Visita á costa de Baiona e Oia


Unha visita á costa de Baiona e Oia para detectar a presenza de Gaivotas escuras (Larus fuscus) en migración. A costa aberta de Baiona e Oia con zonas de rochas batidas polo mar de fondo e escasas praias, dificulta enormemente a observación dos láridos, centrando os esforzos en zonas de desembocadura de ríos e regatos onde estes se concentran para beber, coidar a plumaxe e descansar. Na imaxe superior un Bilurico Claro (Tringa nebularia) na foz do río Miñor, Baiona.



Na zona da foz do río Miñor un escaso número de Gaivotas, sobre 100 Gaivotas escuras, 200 Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) e un exemplar de 2º inverno de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus). Unha anela plástica.



Gaivota escura (Larus fuscus) adulta, 0;α/0;AZ[KW.AW]↑, observada na Foz do río Miñor. Anelada por Eric Stienen (Bélxica/Belgium).


En Baredo unhas 150 Gaivotas escuras e 200 Gaivotas patiamarelas. Unha anela plástica.



Outra Gaivota escura (Larus fuscus) adulta, 0;α/0;AZ[LD.AW]↑, observada en Baredo. Anelada por Eric Stienen (Bélxica/Belgium).



Na zona intermareal de Mougás, sobre 800 Gaivotas. A maioría Gaivotas patiamarelas, pero con unha continua renovación de exemplares de Gaivota escura que chegaban de mar aberto. Seis anelas plásticas.



Gaivota escura (Larus fuscus) 0;R[453K]↓/α;0, probablemente anelada por Philippe J. Dubois (Francia/France).



Na imaxe superior unha Gaivota escura (Larus fuscus) 0;α/0;A[H91.C]↑, observada en Mougás. Marcada en Helgoland, (Alemaña/Germany) en xullo do ano 2006 (Sönke Martens).



Exemplar de Gaivota escura (Larus fuscus) adulta, 0;AZ[AUT]↑/0;α, observada en Mougás. Anelada en Gloucester, Gloucestershire, (Reino Unido/UK) en abril do ano 2007 (Peter Stewart).



Desprazamento de 0;AZ[AUT]↑/0;α dende a súa localidade de anelamento en Reino Unido, ata o lugar de observación en Mougás, 1197 Km. de distancia.



Gaivota escura (Larus fuscus) 0;α/0;AZ[LF.AB]↑. Anelada por Eric Stienen (Bélxica/Belgium).



Nesta instantánea, Gaivota escura (Larus fuscus) 0;R[855N]↑/α;0 probablemente anelada por Philippe J. Dubois (Francia/France) e Gaivota patiamarela (Larus michahellis) de 2º inverno, con codificación de anelas 0;α/0;V[PFFD]↑(en primeiro termino e desenfocada). Anelada en xuño de 2008 en Punta de la Banya, Sant Carles de la Rápita, Tarragona (ICO).



Desprazamento de 0;α/0;V[PFFD]↑ dende Tarragona ata Mougás, 821 Km.


Un saúdo.

No hay comentarios: