lunes, 7 de septiembre de 2009

Máis anelas plásticas


Algunhas lecturas de anelas plásticas da última semana, con visitas á Illa de Ons, A Xunqueira, Punta Balea e San Cibrán:



Na enseada de Caniveliñas, Illa de Ons, observei a este exemplar, 0;α 0;V[ZDCR]↓. Gaivota patiamarela (Larus michahellis). A reverberación imposibilitou facer unha boa fotografía. Anelada polo equipo de Antonio Fernández Cordeiro na Illa de Ons, no mes de xuño do ano 2001. Grupo de anelamento ANDURIÑA. Posiblemente inverne en Portugal (Peniche, novembro 2005, Harry Vercruijsse) e (Matosinhos, outubro 2006, Malcolm Millais).



Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) adulto, 0;α/0;B[5|D]↑, observado na Punta Castelo, Illa de Ons, Pontevedra. Descoñezo o anelador e a colonia de anelamento, aínda que supoño que será de A. Velando. Agardaremos ó historial.



0;V[ZBDN]↓/0;α Gaivota patiamarela adulta, observada na Xunqueira. Anelada en xullo do ano 2001 en Monte Agudo, Illas Cíes por Rafael Costas e Alberto Pastoriza Barreiro (ANDURIÑA). Residente habitual na Ría de Vigo.



0;N[V9S]↓/0;α Gaivota patiamarela (Larus michahellis), observada na praia da Xunqueira. Anelada por Cristóbal Pérez Pérez (Universidade de Vigo).



Gaivota chorona (Larus ridibundus) adulta, α;0/0;A[AAM2]↓, observada nunha das bateas da praia da Xunqueira. Probablemente anelada por Jörg Hadasch en Alemaña.



Xuvenil de Patiamarela 0;α/0;V[ZCBC]↓ repousando no peirao da Mosqueira, Moaña, Pontevedra. Anelada no mes de xullo en Bueu por Alberto Pastoriza Barreiro e Sol Enriquez Paredes (ANDURIÑA).



Unha fotografía máis nítida de 0;α/0;V[ZAM7]↓ (ver entradas anteriores), unha das nosas Patiamarelas máis carismáticas, observada en Punta Balea.



Na imaxe superior, 0;α/0;V[ZAST]↓ na praia de San Cibrán, Cangas, Pontevedra. A miña primeira observación desta Gaivota patiamarela (Larus michahellis) con 9 anos de idade. Anelada en xullo do ano 2000 en Monte Agudo, Illas Cíes por ANDURIÑA.


Un saúdo.

No hay comentarios: