miércoles, 16 de septiembre de 2009

Unha vella coñecida...


Na Xunqueira (Moaña, Pontevedra) 41 Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus) (36 exemplares adultos, 4 de 2º inverno e un 1º inverno) entorno a un 14% de exemplares marcados. Dúas anelas plásticas (1 branca e 1 verde). Na imaxe superior, un Falcón Peregrino (Falco peregrinus) alimentándose, na zona intermareal, dunha Pomba (Columba sp.) na Pedra Branca (Bueu, Pontevedra).



Unha vella coñecida… Gaivota chorona (Larus ridibundus), con anela metálica en tarso dereito coa numeración IA063006 e remite Vogelwarte Hiddensee Germania (Alemaña/Germany). Anelada como polo en Bohmken-Werder Rostock, en xuño do ano 2001. Existen dúas observacións anteriores, ambas no porto de Cangas (Antonio Fernández, decembro de 2003) e (Alberto Pastoriza, novembro de 2004).



Desprazamento desta Gaivota, dende a súa localidade de anelamento en Alemaña, ata o lugar de observación na Xunqueira, 2117 Km. de distancia.



Unha nova Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) na Xunqueira, 0;V[W14]↓/α;0, exemplar xuvenil (EURING 3) en transición á plumaxe de 1º inverno. Probablemente anelada por Camille Duponcheel.



Gaivota patiamarela (Larus michahellis) 0;N[083M]↓/0;α, observada en Beluso (Bueu, Pontevedra) exemplar con plumaxe de 1º verán en transición a 2º inverno. Anelada por Francisco Docampo.



Gaivota patiamarela (Larus michahellis) xuvenil, con anel metálico en tarso esquerdo coa numeración 7109762 e remite ICONA. Observada en Punta Balea, descoñezo anelador e procedencia.



Por último este exemplar adulto (xunto a tres xuvenís) de Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), 0;α /0;B[2|G]↑, observado no Corveiro de Punta Balea. Anelado por A. Velando.

Un saúdo.

No hay comentarios: