Na praia da Xunqueira (concello de Moaña, Pontevedra) o redor de 30 exemplares de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) ocupaban a zona intermareal. Localicei 4 anelas plásticas (2 brancas e 2 verdes) e 2 anelas metálicas (sen completar a lectura).
0;0/α;V[3JE5]↑ en plumaxe de Adulto inv., anelado como polo o 26/05/2002 en Antwerpen, Bélxica por Guido Goris. A miña primeira observación desta gaivota foi o 08/02/2005 na zona de Punta Balea (concello de Cangas, Pontevedra), dende entón é unha das asiduas da ría de Vigo.
Outra fotografía de 3JE5, esta vez acompañada por dous Carráns cristados (Sterna sandvicensis).
0;V[3HW5]↑/α;0 en plumaxe de Adulto inv., anelado como polo o 26/05/2002 en Antwerpen, Bélxica por Camille Duponcheel. Dende setembro de 2003, observámola con asiduidade na Xunqueira.
A anela plástica de 3HW5 está rota, e só son visibles dúas inscricións. A fotografía superior foi realizada o 16 de xullo (aínda coa plumaxe estival completa) e nela podemos comparar a evolución da muda corporal desta gaivota.
0;α/0;B[38J4]↑ Adulto inv., anelado como adulto o 14/05/2007 en Antwerpen, Bélxica por Guido Goris.
0;α/0;B[35K3]↑ en plumaxe de Adulto inv. Este exemplar observeino por vez primeira o 11/07/2009 polo que aínda non teño os datos do historial. Probablemente anelada por Camille Duponcheel.
Un saúdo.
1 comentario:
Grazas polo teu magnífico blog. Está curradísimo e grazas a el eu e os meus colegas descubrimos que o noso Morrazo era ornitolóxicamente máis rico do que pensabamos. Agora xa están vindo as aves a pasar a invernada, estaremos atentos á actualización do teu blog.
Por certo, non sei sé unha impresión miña, pero paréceme que a riqueza ornitolóxica da finca do Conde (en Aldán) é cada vez máis escasa, pero igual é unha apreciación miña, que son un simple afeccionado, pero dáme pena porque hai anos que non vexo certas aves que antes se vían fácilmente nesa magnífica arboleda.
Un saúdo e adiante!
Publicar un comentario