martes, 13 de octubre de 2009

Unha amiga en apuros...


Na Xunqueira o número de Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus) estabilizase o redor do medio centenar. No último censo (09/10) contabilicei 54 exemplares (49 adultos, 4 2º inverno e 1 1º inverno).


Na imaxe superior un xuvenil de Mascato (Morus bassana) depositado pola marea na praia de Nerga, ó fondo da imaxe o relevo das famosas Illas Cíes.



Moitas persoas non poden entender o vínculo que xurde entre un home e un animal, e moito menos se o animal é unha Gaivota (vilipendiadas pola sociedade). Sentimentos como tristeza, lástima… embárgante cando descobres que unha “das túas Patis” pasa por dificultades. Neste caso 0;V[ZBNS]↓/0;α que sufre unha rotura recente do tarso dereito, á altura da anela metálica, que lle imposibilita o movemento da pata (espero que supere este percance...). Observada na Praia de San Cibrán (Cangas, Pontevedra), (09/10). Anelada en xullo do ano 2001 nas Illas Cíes (ANDURIÑA).


Algunhas lecturas de anelas plásticas da última semana:



Comezo con esta residente da ría de Vigo, 0;α/0;V[ZFJF]↓ Gaivota patiamarela (Larus michahellis) adulta, observada no peirao da Congorza (Punta Balea). anelada en xuño do ano 2001 na illa de Ons (Bueu, Pontevedra) (ANDURIÑA).



0;α /0;V[ZA1L]↓ Gaivota patiamarela (Larus michahellis) adulta con “librea” de inverno, observada na praia de Rodeira (Cangas, Pontevedra). Anelada en xullo do ano 2000 en Monte Agudo, Illas Cíes por Rafael Costas e Alberto Pastoriza Barreiro (ANDURIÑA). Tódolos rexistros desta “Pati” son da ría de Vigo, salvo unha única observación en Cabana, A Coruña (Xaneiro 2006, Manu Polo).



0;V[ZB6U]↓/0;α Gaivota patiamarela (Larus michahellis) adulta. Observada na praia de Rodeira (07/10). Anelada en maio do ano 2003 (como adulto) nas Illas Cíes, Jorge Mouriño (ARCEA).



0;α /0;V[ZCBJ]↓ este 1º inverno de Patiamarela (Larus michahellis) continúa pola zona de O Con - porto da Mosqueira (Moaña, Pontevedra).



Outra michahellis, este 2º inverno, 0;N[B5DE]/0;α. Exemplar pertencente o programa de anelamento de “Patis” das Illas Baleares, Ana Rodríguez Molina.



Por último na zona de Punta Balea esta Gaivota patiamarela (Larus michahellis) de 1º inverno; 0;α /0;R[028.G]↓, probablemente pertencente o proxecto vasco de anelamento de “Patiamarelas”, Alfredo Herrero (ARANZADI).


Un saúdo.


No hay comentarios: