jueves, 22 de octubre de 2009

Praia de San Cibrán


Hoxe visitei a praia de San Cibrán (Ría de Aldán), enorme concentración de Láridos, sobre uns 1000-1500 exemplares (incluíndo a praia veciña de Vilariño). En total 6 especies: 800 exemplares de Gaivota patiamarela (Larus michahellis); 2 aneis plásticos, 250 exemplares de Gaivota escura (Larus fuscus); 4 anelas plásticas, 3 exemplares (2 adultos inverno e un 1º inverno) de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus); 1 anela plástica, 20 exemplares de Gaivota chorona (Larus ridibundus), 3 exemplares (2 adultos e un 1º inverno) de Gaivotón (Larus marinus), e por último 1 exemplar adulto de Gaivota arxéntea (Larus argentatus).



Na imaxe superior, situación da praia de San Cibrán (Península de O Morrazo).

Desgraciadamente non teño fotos de todas as anelas, moita saturación:



Comezo con este invernante habitual da praia, acompañado en primeiro termo por un dos adultos de Gaivotón (Larus marinus), 0;α/0;V[ZATT]↓ Gaivota patiamarela (Larus michahellis) adulta. Anelada en xullo do ano 2000 en Monte Agudo, Illas Cíes por Rafael Costas e Alberto Pastoriza Barreiro (ANDURIÑA).



Gaivota escura (Larus fuscus) con plumaxe de 2º inverno, 0;α/0;AZ[HC.AW]↑. Anelada por Eric Stienen (Bélxica/Belgium).



Nesta imaxe teredes que usar a imaxinación, esta Gaivota escura (Larus fuscus) adulta, leva unha anela plástica, coa seguinte codificación 0;AZ[DHC]↑/0;α, (era algo tímida…). Anelada por Peter Stewart (Reino Unido/UK).



Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) con anela 0;V[3H8]↓/0;α en plumaxe de Adulto inv. Este exemplar observeino por vez primeira en decembro do ano 2006 nesta mesma praia. Anelado en xuño do ano 2006 en Saintes-Maries-de-la-Mer, Bouches-du-Rhône (Francia/France) por Camille Duponcheel.



Por último este exemplar de Cabecinegra (Larus melanocephalus) de 1º inverno con aneis 0;V[R47U]↓/α;0, este exemplar foi observado na Punta dos Castros, Cangas, Pontevedra. Anelado en xuño deste ano en Barbâtre, Polder de Sebastopol, Vendée (Francia/France) por Camille Duponcheel.



Desprazamento de 0;V[R47U]↓/α;0 dende a súa localidade de anelamento en Francia, ata o lugar de observación en Punta dos Castros, 743 Km. de distancia.

Un saúdo.

No hay comentarios: