jueves, 15 de diciembre de 2011

Observacións recentes na beira norte da ría de Vigo


Hoxe (15/12) durante a realización do censo semanal de Gaivota cabecinegra na beira norte da ría de Vigo (costa de O Morrazo), varias observacións de interese, coincidindo coa sucesión de frontes asociadas á borrasca situada ao noroeste de Gran Bretaña, e que deixa en Galicia ventos moderados do suroeste.


No mar, fronte á praia de O Con, en Moaña, un exemplar de Carolo (Alca torda). Na zona mariña entre a praia de Río da Ribeira e A Videira, en Tirán, Moaña, tres exemplares de Mergo cristado (Mergus serrator).


Tamén un exemplar adulto, con plumaxe de inverno, de Gaivota pequena (Hydrocoloeus minutus).


Dous exemplares femias/xuvenís de Pentumeiro común (Melanitta nigra), xunto a 7 exemplares de Mergullón (Podiceps nigricollis).

Tamén pola zona intermareal de Punta Balea (Darbo, Cangas), dous exemplares de Gaivota arxéntea, un exemplar adulto e un exemplar coa plumaxe de 3º inverno. Levan pola zona dende finais de outono.


O pasado día 05 de decembro, un exemplar de Mobella grande (Gavia immer) fronte á praia de Rodeira, en Cangas.

Un saúdo.

No hay comentarios: