sábado, 15 de octubre de 2011

Agrávase a situación dos lumes forestais en Galicia





Nestas últimas 48 horas agravouse a situación dos incendios forestais que están asolando a provincia de Ourense, con dúas concentracións de lumes nas comarcas da Baixa Limia e Terra de Trives. Estas dúas zonas forman parte dos espazos naturais de maior interese de Galicia, constituído polas serras de Queixa, San Mamede e O Burgo (na comarca de Terra de Trives) e a serra de Xurés (comarca da Baixa Limia).

Segundo datos cartográficos extraídos do Sistema Global de Gestión de Información sobre Fuegos (GFIMS, nas súas siglas en inglés) a situación é a seguinte (ver documento gráfico superior):


Na concentración de incendios forestais da Baixa Limia (PUNTO nº 1), os lumes están afectando dende o día 13 de outubro ó Parque Natural da Serra do Xurés nunha superficie superior a 20 Ha. (dato a todas luces “desfasado” pero non existe información actualizada na páxina da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, nin unha superficie afectada aproximada do espazo natural protexido, ver enlace).

Debemos salientar que é máis que probable que parte da superficie ocupada pola poboación de Lirio do Xurés (Iris boissieri Henriques) endemísmo do NW ibérico (Galicia e norte de Portugal) foxe afectada polos lumes forestais. Lembrar que o Lirio do Xurés está catalogada como En Perigo de Extinción no Catálogo Galego de Especies Amezadas (Decreto 88/2007 do 19 de abril).

Na concentración de incendios forestais da comarca da Terra de Trives (PUNTO nº 2), os lumes están asolando o espazo natural da Rede Natura 2000 “Macizo Central” nunha superficie, que poderíamos indicar como “indescifrable” (podedes acceder á páxina de comunicación institucional da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia onde se publican os datos de superficies afectadas polos lumes forestais e “sacar” as vosas conclusións, enlace aquí).

O Parque Natural O Invernadeiro está, polo momento, saíndo indemne desta “ola” de incendios forestais, probablemente porque a titularidade dos terreos deste Parque Natural son públicos, e non teñen ningún interese para aproveitamento agropecuario.

Por último, continúan ardendo zonas cultivadas con especies pirófitas nas comarcas costeiras da provincia de Pontevedra, (PUNTO nº 3) especialmente na zona de Campañó.

ACTUALIZACIÓN 16 de outubro de 2011: Desgraciadamente o Parque Natural O Invernadeiro está sendo afectado por un incendio forestal de grandes proporcións nestes intres, e o total de superficie afectada no Macizo Central é de máis de 1.500 Ha. Máis información neste enlace: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Ejercito/despliega/367/soldados/combatir/fuego/Macizo/Central/ourensano/elpepuespgal/20111016elpgal_3/Tes

Un saúdo.

No hay comentarios: