sábado, 12 de junio de 2010

Complexo medioambiental de O Morrazo


O Complexo Medioambiental de O Morrazo, infraestrutura utilizada para o traslado dos residuos sólidos urbanos dos concellos de Moaña, Bueu e Cangas, á planta incineradora que SOGAMA ten en Cerdeda, é unha zona habitual de concentración de Gaivotas patiamarelas. A dispoñibilidade permanente de lixo con materia orgánica resulta unha fonte de proteínas ben aproveitada polas nosas Patiamarelas. Moitos exemplares reprodutores das colonias urbanas dos concellos anteriormente citados, e tamén individuos pertencentes á colonia das Illas Cíes, desprázanse ata este Complexo industrial para conseguir alimento para a súa proxenie.

O enorme esforzo de seguimento das nosas Gaivotas patiamarelas marcadas con aneis plásticos de lectura a distancia, permítenos establecer rutas de desprazamento locais, dende as zonas de reprodución/residencia, ata as zonas de alimentación e tamén as zonas de descanso e aseo. Na imaxe superior, unha interpretación idealizada das rutas de desprazamento dende dúas colonias da especie:
Colonias: Casco urbano de Bueu e Illa de Monte Agudo.
Zona de alimentación: Complexo Medioambiental de O Morrazo.
Zona de aseo e descanso: Praia de San Cibrán, Aldán, Cangas.


Algunhas das Patiamarelas observadas no Complexo medioambiental de O Morrazo:


Gaivota patiamarela (Larus michahellis) 0;α/0;V[ZAM8]↓, anelada en xullo do ano 2000 en Monte Agudo, Illas Cíes por ANDURIÑA.


Gaivota patiamarela (Larus michahellis) 0;α /0;V[ZA26]↓, anelada en xullo do ano 2000 en Monte Agudo, Illas Cíes (ANDURIÑA).


Na imaxe superior 0;α /0;V[ZCB3]↓, probable femia, de idade EURING 5, anelada no mes de xullo de 2009 en Bueu (ANDURIÑA).


Un saúdo.

No hay comentarios: