sábado, 2 de enero de 2010

2009: Resumo de observacións de Gaivotas aneladas


Rematado ó ano 2009, é momento de facer un pequeno balance do gran esforzo de campo realizado. Claramente, a gran protagonista das miñas xornadas de campo é a Gaivota patiamarela (Larus michahellis) (enriba destas verbas, un retrato dun macho no Cabo Silleiro), con 282 observacións de 102 aves diferentes.





Gaivota patiamarela (Larus michahellis):

Aves marcadas polo Grupo de Anelamento Anduriña:

129 observacións de 41 exemplares diferentes.



Realizando algúns cálculos, é utilizando algunhas porcentaxes de aves marcadas por aves observadas (datos puramente informativos, sen valor científico), durante o 2009, observei entre 40.000 e 50.000 pares de patas de Patiamarelas… Na imaxe superior, unha habitual da praia de San Cibrán, Aldán.


Aves marcadas por ARCEA (Jorge Mouriño):

65 observacións de 18 exemplares anelados diferentes.


Aves aneladas polo Centro de Recuperación de Pontevedra (Francisco Docampo) e a Universidade de Vigo:

68 observacións de 28 exemplares diferentes.



Durante este ano 2010, moitas das nosa Patiamarelas acadaran os 10 anos de idade, pero coa frescura do primeiro día… Na imaxe superior 0;α/0;V[ZAM7]↓ residente na ría de Vigo. Probablemente a “Pati” máis carismática de Punta Balea.


Outros programas de anelamento:

11 observacións de 9 exemplares diferentes.


Lecturas de anelas metálicas:

9 observacións de 6 exemplares diferentes.




Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus):


74 observacións de 32 Cabecinegras diferentes.



No referente á Gaivota cabecinegra este ano 2009 deixoume un bo número de lecturas, a meirande parte de exemplares observados na zona intermareal da Xunqueira, Moaña. A procedencia da maioría das Cabecinegras é Bélxica, Holanda e Francia.




Gaivota escura (Larus fuscus):


22 observacións de 22 exemplares marcados.



As observacións de Gaivotas escuras aneladas, é moi limitada, principalmente porque os meus lugares de mostraxe son maioritariamente zonas estuarias, relativamente afastadas das zonas de costa aberta. Por este motivo, só con fortes ventos ou cando o groso dos exemplares está en migración, existe a posibilidade de observar un número suficiente de Gaivotas escuras para atopar exemplares marcados.




Gaivota chorona (Larus ridibundus):


10 observacións de 6 exemplares diferentes.




A zona de Punta Balea (Cangas, Pontevedra), foi a localidade con maior número de observacións para a Gaivota patiamarela. A praia de San Cibrán (Cangas, Pontevedra) é a localidade con maior número de rexistros para a Gaivota escura e A Xunqueira (Moaña, Pontevedra) ó propio para a Gaivota cabecinegra.


Para rematar, o computo global de observacións sería o seguinte:


Total observacións Láridos: 388

Total exemplares marcados: 162


No hay comentarios: