jueves, 21 de mayo de 2009

Anelamento científico de aves no paso prenupcial, proxecto Piccole Isole en Nueva Tabarca


O día 30 de abril comezábamos a nosa aventura na illa de Tabarca no proxecto de anelamento científico Piccole isole. Un proxecto internacional dedicado a estudar a migración das aves na área Mediterránea, mediante a creación de estacións de anelamento científico de esforzo constante en pequenas illas. Este ano 2009 foi o elixido polo grupo local SEO-Alicante para iniciar no arquipélago de Nueva Tabarca unha estación de anelamento adherida a este proxecto coa colaboración de aneladores voluntarios.



A Illa, a uns 4 quilómetros do cabo de Santa Pola (Alicante) é de xeografía totalmente plana (antes de ser colonizada chamábase Isla Plana). Na parte oeste sitúase a vila de Nueva Tabarca e na zona este os únicos edificios son o Faro e un fortín da época de Carlos III, a vexetación é baixa con Chumberas e Espiños brancos, esta orografía tan suave provocou que o vento fose o maior limítante no número de capturas (con xornadas de só unha captura!!!), ademais a calidade das redes xaponesas limitaban enormemente o enmalle dos paseriformes.



Durante a nosa quenda (30 abril-15 maio) capturamos unhas 120 aves de 21 especies. A destacar a captura dunha Folosa icterina (Hippolais icterina), un Picafollas asubiador (Phylloscopus sibilatrix) e dous machos de Papuxa real (Sylvia hortensis).



O número de exemplares anelados, só durante a nosa estancia na Illa foi a seguinte:


Picafollas musical (Phylloscopus trochilus): 39 aves

Rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus): 14 aves

Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca): 8 aves



Papuxa picafollas (Sylvia borin): 6 aves

Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe): 5 aves

Papuxa común (Sylvia communis): 5 aves


Rousinol (Luscinia megarhynchos): 4 aves

Estorniño negro (Sturnus unicolor): 4 aves

Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala): 4 aves



Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus): 3 aves

Folosa amarela (Hippolais polyglotta): 3 aves

Papamoscas cincento (Muscicapa striata): 3 aves

Picafollas europeo (Phylloscopus collybita): 3 aves

Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus): 2 aves


Andoriña (Hirundo rustica): 2 aves

Papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans): 2 aves

Papuxa real (Sylvia hortensis): 2 aves

Folosa icterina (Hippolais icterina): 1 ave



Picafollas asubiador (Phylloscopus sibilatrix): 1 ave

Chasco norteño (Saxicola rubetra): 1 ave

Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla): 1 ave



A nosa actividade de anelamento foi complementada coa observación da zona oriental da illa, que durante moitas xornadas estaban cheas de vida. Numerosos paseriformes ocupaban Chumberas e Espiños brancos para facer un alto no seu camiño os seus cuarteis de cría en Europa, como exemplo destacar a concentración de 30 exemplares de Pedreiro cincento (04/05) formando un bando compacto, nese intre na illa o número de Pedreiros seguramente acadaría os 80 exemplares. Non só as aves utilizaban a illa para descansar e repoñer forzas, a bolboreta Vanessa cardui contábase por centos facendo en Tabarca un paréntese no seu camiño a Escandinavia. Ademais das especies capturadas na estación de anelamento (21 especies), observáronse outras 35 especies no transcurso da nosa actividade, as máis destacadas foron:


Pato branco (Tadorna tadorna)


Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)

Gaivota de audouin (Larus audouinii)


Cirrio pálido (Apus pallidus)

Cotovía montesa (Galerida theklae)


Picanzo cabecirrubio (Lanius senator)

Carrán pequeño (Sterna albifrons)



Carrán común (Sterna hirundo)

Pernalonga (Himantopus himantopus)

Garza da noite (Nycticorax nycticorax)

Garza caranguexeira (Ardeola ralloides)

Garza vermella (Ardea purpurea)

Flamingo (Phoenicopterus roseus)

Pedreiro rubio (Oenanthe hispanica)


Un saúdo dos voluntarios (Sol Enriquez Paredes e Alberto Pastoriza Barreiro)




No hay comentarios: