miércoles, 12 de agosto de 2009

Punta Balea


A zona de Punta Balea (Cangas, Pontevedra) é un extraordinario lugar de observación de Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), neste espazo concéntranse normalmente sobre uns 200 exemplares. Aínda que aparentemente resulte un número baixo de individuos, a taxa de renovación de exemplares é constante, as Gaivotas chegan á desembocadura da depuradora (EDAR de Balea) beben un chisco de auga e marchan. Durante unhas horas de observación non é raro localizar de 4 a 6 exemplares anelados.


Na fotografía superior, unha instantánea aérea da zona de Punta Balea, coa lagoa da Congorza, a EDAR de Balea e a praia de Areamilla.



Panorámica da zona de observación, coa desembocadura das augas tratadas na EDAR de Balea.



Unha das Patiamarelas do noso programa de anelamento con máis observacións (con 64 rexistros) 0;α /0;V[ZAM7]↓ residente na ría de Vigo. Probablemente a “Pati” máis carismática de Punta Balea. Anelada en Monte Agudo, Illas Cies por Rafael Costas e Alberto Pastoriza Barreiro (ANDURIÑA).



Na imaxe superior 0;α /0;V[ZA3P]↓ Gaivota patiamarela adulta de 9 anos de idade, observada en Punta Balea. Esta viaxeira estivo por terras Asturianas (Gilberto Jardón, novembro 2003) en Lugo (Luis Salaverri, novembro de 2004) e en Cariño (Antonio Gutierrez, outubro 2007) antes de asentarse definitivamente na ría de Vigo. Anelada en Monte Agudo, Illas Cies por Rafael Costas e Alberto Pastoriza Barreiro (ANDURIÑA).



0;V[ZB9D]↓/0;0 exemplar adulto. Anelada por Jorge Mouriño (ARCEA).


Xuvenil de Patiamarela 0;α /0;V[ZCBD]↓ observada en Pedra Branca (Bueu, Pontevedra), fai unha semana aínda estaba na súa colonia xunto os seus proxenitores (ver entrada anterior). Anelada no mes de xullo en Bueu por Alberto Pastoriza Barreiro e Sol Enriquez Paredes (ANDURIÑA).



Mapa co movemento de dispersión de ZCBD (Dende a súa colonia no casco urbano de Bueu ata Pedra Branca) e distancia (9 quilómetros) dende Punta Balea á colonia de Monte Agudo, Illas Cies.


Un saúdo.

No hay comentarios: