jueves, 1 de septiembre de 2011

II Andaina pola protección da serra do Galiñeiro


Por unha serra sen eólicos

- Día: Domingo 18 de setembro de 2011

- Saída: Capela do Monte Aloia as 11:00 h

- Chegada: Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) 15:00 h

- Ruta lineal de aproximadamente 10 km (3-4 horas)

- Á chegada lerase o manifesto. Poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Faremos un xantar popular coa comida que traia cada un. Haberá música e animación.

- Recoméndase levar:

· Calzado cómodo

· Auga e comida para o final

- Autobuses desde Vigo e Vincios. Necesaria inscrición previa *

- Zonas de aparcadoiro no Aloia, Galiñeiro e Prado*

Convoca a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro: A Ría Non de Vende, ADEGA, A.C. Berra Val Miñor, AGA (Asoc.Galega Apicultura), Amigos da Terra, Asoc. ”Festa da Prehistoria”, Asoc. Trece Catorce, Asoc. Veciñal Casco Vello, Asoc. Veciños de Vincios, Asoc. A Groba, Asoc. Mundo Minero, C.C. As Pedriñas, C.M.V.M.C. de Chaín, C.M.V.M.C. de Couso, C.M.V.M.C. de Vincios, C.S. A Revolta, Club Escalada Montaña Azimut, Club Montañeiros Celtas, Club Peña Trevinca M.G., Clube de Montaña Xistra, Clube Espeleolóxico Mauxo, C S A Faisca, Federación A.A.V.V. Eduardo Chao-Vigo, Federación Galega Montañismo, Instituto de Estudos Miñoranos, Outrovigoéposible, Plataforma Defensa da Ría Cíes, Salvemos Monteferro, SOS Serra da Groba,Verdegaia.

*AUTOBUSES

· Desde VIGO:

IDA VIGO-ALOIA. Saída ás 9:30 da mañá dende a Praza de España de Vigo en dirección ao Monte Aloia.

VOLTA VINCIOS- VIGO. Saída ao remate do xantar e das actividades ás 18:00 horas dende o polígono da Pasaxe en Vincios.

O prezo é de 5 € por persoa

· Desde VINCIOS:

VINCIOS-ALOIA. Saída ás 9:30 da mañá dende a gasolineira do Polígono da Pasaxe. Non hai autobús de volta xa que o punto de chegada é Vincios.

O prezo é de 3 € por persoa

Para facer a inscrición envía os teus datos a través da web de Montañeiros Celtas (enlace a http://www.celtas.net/glg/actividades.php) e ingresa os cartos co teu nome, DNI e punto de partida na conta de Novacaixagalicia 2080 0000 72 0040260769. Se podes envía un xustificante a presidente@celtas.net ou por fax 986 912 220.

*APARCADOIROS

Os puntos de aparcamento para coches particulares estarán sinalizados en:

· Monte Aloia

· Galiñeiro - Vincios

· Prado (fronte a Capela) para quen queira deixar o coche no medio da ruta

Desta maneira podedes facer os seguintes percorridos

· Percorrido lineal:

Se ides en varios coches aparcade un no Galiñeiro e outro no Aloia e coordinádevos para a ida e o regreso.

· Percorrido parcial:

- Aparcade en Prado e unídevos á marcha nese punto para regresar ao final da marcha a Prado.

- Aparcade en Prado, unídevos á marcha nese punto, e coordinade cun segundo coche no Galiñeiro para regresar a Prado.

· Percorrido circular:

- Aparcade na zona do Galiñeiro coa suficiente antelación para facer o percorrido ata o Aloia e chegar á Capela ás 11:00 horas para comezar a andaina co resto dos participantes.

- Aparcade na zona de Prado, coa suficiente antelación para facer o percorrido ata o Aloia e chegar á Capela ás 11:00 horas para comezar a andaina co resto dos participantes.

- Aparcade no Aloia e comezade a Andaina ás 11:00 horas e despois regresade desde o Galiñeiro para recoller o coche.

Proximamente publicaremos na web un plano cos puntos de partida dos buses e os aparadoiros

Máis información:

- Montañeiros Celtas 986 438 505 en horario de 19:30 a 21:30 de luns a venres

- Tereixa 607522018

No hay comentarios: