sábado, 18 de septiembre de 2010

Antela, agarda outra oportunidade

Aínda que as novas xeracións, o escoitar falar de Antela, asocien este nome coa mitoloxía cultural da Limia, nada máis lonxe da realidade. A lagoa de Antela, non pertence o pasado lonxano da historia natural de Galicia, como pode ser o caso do Uro (Bos taurus). Antela está viva aínda na memoria das xentes da Limia, e de cando en vez, deixase ver nos seus antigos dominios (a última vez, en decembro do ano 2000), agarda pacientemente, que a sociedade que unha vez a desprezou, madure e corrixa os seus erros do pasado. 


Un día como hoxe, de fai 52 anos, comezaban as obras do definitivo desecamento da lagoa de Antela… Na imaxe superior, mapa do ano 1943, onde se observa a superficie e o perímetro da zona lacustre. 


Nesta imaxe, observamos a zona na actualidade, se vos fixades ben, aínda é perceptible o perímetro que ocupaba a Lagoa de Antela no ano 1958… 


…na imaxe superior, o perímetro da Lagoa resaltado cunha liña azul. 

Os que nunca chegamos a abraiarnos con esta xoia, agardamos impacientes, á madurez da conciencia ecolóxica da sociedade galega, unha madurez que posibilitaría a recuperación deste espazo único. Semella que unha nova conciencia comeza a abrirse camiño entre a brétema Limiá, novas voces que proclaman o rexurdimento de Antela e o seu ecosistema: "En los albores de un nuevo milenio podemos continuar destruyendo los retazos naturales que aún subsisten en A Limia, e hipotecar definitivamente su futuro económico y ecológico, podemos seguir lamentándonos de la pérdida de un agroecosistema único o podemos, de una vez por todas, comenzar a reparar los antiguos errores y construir las bases de una explotación sostenible de los recursos naturales de A Limia que implica, necesariamente, la regeneración de la dinámica hidrológica y la recuperación del mosaico de zonas húmedas, arboladas, cultivadas y pastoreadas." "¿A qué esperamos?" 

González y Villarino (WWW.ANTELA.ORG) Dende o meu humilde blogue, anímovos a todos a coñecer un pouco máis da historia de Antela, na páxina web de WWW.ANTELA.ORG.

NOTA: Actualizado en decembro de 2016.


2 comentarios:

Alberto Rivero Saeta dijo...

Gran post meu, graciñas dun Limiao, que sin ter coñecido a Lagoa, sente morriña dela tódolos días.

albertopastoriza dijo...

Grazas polo teu comentario Alberto, vémonos nas III xornadas de Amigos da Terra nas Corcerizas.

Un saúdo.