martes, 15 de diciembre de 2009

Recorrendo o Morrazo



-->
Estes días na costa sur da península do Morrazo uns 86 exemplares (73 adultos inverno, 7 cabecinegras de 2º inverno e 5 exemplares de 1º inverno) de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus). Tamén 1 exemplar adulto de Gaivota arxéntea (Larus argentatus) e 1 exemplar de 1º inverno de Gaivota cana (Larus canus) asociado con Gaivota chorona (Larus ridibundus) alimentándose entre as algas abeiradas na praia de O Con, Moaña.

Na imaxe superior, unha instantánea dun exemplar de 1º inverno de Gaivota Hiperbórea (Larus hyperboreus) observado na Xunqueira, Moaña (02/12/2009).

-->
Unha pequena recopilación de algunhas lecturas destes días:



-->
0;α/0;N[V9C]↓ Gaivota patiamarela (Larus michahellis) adulta, observada na praia de San Cibrán, Cangas, probablemente anelada polo equipo da Universidade de Vigo na Illa de Sálvora.



-->
0;N[175M]↓/0;α Gaivota patiamarela (Larus michahellis) de 1º inverno observada na praia de A Xunqueira, probablemente anelada por Francisco Docampo e liberada nas Salinas de Vilaboa.



Na praia de Rodeira, 0;α /0;V[ZCBC]↓ Gaivota patiamarela (Larus michahellis) de 1º inverno anelada no casco urbano de Bueu (ANDURIÑA).



-->
Outra Gaivota patiamarela (Larus michahellis) de 1º inverno, observada na praia de Rodeira, con anel metálico en tarso esquerdo e numeración 7 109781 SPAIN.



-->
Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) con anela 0;V[3H8]↓/0;α en plumaxe de adulto inverno, observada na praia de San Cibrán. Anelado en xuño do ano 2006 en Saintes-Maries-de-la-Mer, Bouches-du-Rhône (Francia/France) por Camille Duponcheel.



-->
Por último unha pequena sorpresa, este exemplar de Gralla Pequena (Corvus monedula) que buscaba alimento en solitario na praia de San Cibrán.
Un saúdo.

No hay comentarios: